Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Deputación achega 150.000 euros a Viveiro para varias accións

Por 23 Outubro, 2020Outubro 28th, 2020Sin comentarios

O presidente da Deputación deu conta de convenios de colaboración aprobados co concellos de Viveiro. No que  a Deputación achega 150.000 euros ao Concello para accións de promoción do turismo, limpeza de instalacións públicas, para mantemento da piscina municipal e sufragar os gastos de socorrismo, para a elaboración dun estudo hidrolóxico da rede fluvial e para o mantemento de infraestruturas públicas, entre outras actuacións.

José Tomé explicou que “o convenio recolle varias actuacións importantes para que os veciños e veciñas de Viveiro conten cunhas boas dotacións públicas municipais, dentro do noso firme compromiso por lograr o equilibrio territorial”, explica. 

O acordo asinado polas dúas institucións recolle a limpeza de instalacións públicas municipais para incrementar as medidas de desinfección debido á pandemia da covid-19, como a piscina e as praias da localidade. Así mesmo, inclúe o mantemento da instalación eléctrica do claustro de San Francisco; os reemisores de Covas, Faro e Escourido; e a rehabilitación de accesos e pistas a núcleos urbanos e rurais. Por outra banda, tamén inclúe un estudo hidrolóxico da rede fluvial de Viveiro para coñecer as debilidades coas que contan e así evitar posibles asolagamentos. Por último, dito investimento provincial axudará a impulsar o turismo do concello a través de campañas de promoción e información do territorio.