Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle a obra de teatro ‘Liberto’

Por 23 Outubro, 2020Sin comentarios

O sábado 24 o teatro Pastor Díaz de Viveiroacollerá a obra de teatro Liberto de Marelas Producións.

A obra que comezará ás 20.30 horase conta cunha duración de 80 minutos, trata sobre a vida de Liberto, cando nace a vida de Ada frea en seco. Desde unha sala de espera vivirá a experiencia máis determinante da súa vida.

Liberto é un canto á vida desde a primeira persoa interpelando directamente o público. Unha reivindicación do imperfecto, do humano. Un texto e unha proposta formal que falan da vida, do sensorial e instintivo. Un espectáculo que revisa os límites socialmente acordados. Un relato honesto de como xestionar a dor e de como seguir avanzando. Un proceso pegado ao primitivo, á conexión co noso animal, e por iso, contra todo pronóstico, cheo de vitalidade.

Reserva de entradas: de luns a xoves de 09.00 a 14.00 horas no teléfono 982 560 162 ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es