Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Xunta limpa o leito e as marxes do río Xunqueira

Por 24 Outubro, 2020Sin comentarios

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executou labores de limpeza no leito e as marxes do río Xunqueira, en Viveiro.

O delegado territorial, Javier Arias, sinalou que se trata de traballos de conservación e de  retirada de árbores e pólas caídas, así como madeira morta e outro material que poida obstruír o curso da auga.

A intervención afecta a un tramo de 130 metros que discorre polas parroquias de Santa María e Santiago, e está previsto que remate mañá, luns 26.

Esta acción enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-Centro. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén así activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.