Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Centos de traballadores de Alcoa San Cibrao manifestáronse en Lugo

Por 24 Outubro, 2020Sin comentarios

Hoxe centos de traballadores de Alcoa San Cibrao e empresas auxiliares acompañados de veciños e amigos percorreros as rúas de Lugo nunha mobilización  que partiu ás 11 horas dende o edificio da Xunta de Galicia situado na Ronda da Muralla ata a Subdelegación de Goberno en Lugo na praza Armañá.

Nesta protesta escoitaronse as consignas xa coñecidas na loita destes traballadores, como “Álvaro Dourado, primeiro ti ao paro”, “A solución, unha intervención”, “ Enerxía, solución, “Onde está o estatuto, o estatuto onde está”, “A Mariña sálvase, loitando” ou “ Fóra yankis, cuadrilla de mangantes”.

Tamén líase nunha pancarta que encabezada a marcha Peches non, Enerxía solución, e finalmente chegaron ante a sede da Subdelegación os manifestantes volveron corear as consignas e preguntaron polo estatuto de electrointensivas prometido.