Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXATrabadaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Luz verde para a área de autocaravanas de Trabada

Por 24 Outubro, 2020Sin comentarios

O presidente explicou que o Goberno deu hoxe luz verde a unha solicitude do Concello de Trabada para modificar o destino dun investimento do Plan Único 2020. O Concello decidiu que destinará 40.500 euros á creación dun aparcamento para autocaravanas en Ría de Abres, ao carón da estrada nacional N-640, en vez de ao Museo Etnográfico, xa que para esta actuación obtivo unha axuda da Administración autonómica.

A área de autocaravanas contará con 9 prazas e incluirá unha zona verde, ademais dun espazo para o baleirado de augas. Este asunto vaise ratificar no Pleno Ordinario do mes de outubro, que se celebrará o vindeiro martes.