Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Viveiro asume a limpeza do río Vilar

Por 25 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro, vista a situacion do río do Vilar e tendo en conta as demandas veciñais, e aínda que a súa limpeza corresponde a outra administración, decidiu pedir a autorización pertinente e proceder á súa limpeza coa maior celeridade posible.

O grupo de goberno entende que os prexudicados son os veciños, que ademais non teñen culpa de que a administración con competencias para a limpeza dos ríos non realice o seu traballo.

O río do Vilar -que discorre pola Feira de Galdo e o Pontigo, ata a ponte da Marelá, onde desemboca no río de Galdo- adoita desbordarse en época de fortes choivas, presentando un importante perigo para as casas cercanas.

Neste sentido, os veciños transmitiron ao concello a súa preocupación polo seu estado, polo que o grupo de goberno decidiu iniciar as xestións para asumir a limpeza.