Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O comité de traballadores de Alcoa reuniuse cos representantes de Asime

Por 26 Outubro, 2020Sin comentarios

Hoxe reunironse co comité de traballadores de Alcoa San Cibrao, Enrique Mallón Otero, secretario xeral de Asime, asociación de industriais do metalúrxicos de Galicia, e Xusto Sierra Rey, presidente da mesma e xerente de Urovesa.

Neste encontro, a asociación traladou a súa preocupación pola situación da fábrica de aluminio de San Cibrao e a súa inquietude polo sector do aluminio en España.

O mércores 28 de outubro o TSXG pronunciarase sobre as medidas cautelares ao ERE solicitadas polo comité de empresa, Xunta e Goberno central, entre elas que impida á empresa paralizar as cubas.

Por outra banda, a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, asegurou que o Goberno central verá “cales son os seguintes pasos” a dar con respecto á planta unha vez se pronuncie o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre as medidas cautelares solicitadas polo comité.

“O Goberno está aquí para manter os postos de traballo e as capacidades produtivas”, recalcou Maroto, quen lembrou que “esta planta é estratéxica e é a única de aluminio primario en toda España”. A ministra dixo que o Estado “está a traballar nun requirimento que vai ser moi importante desde o punto de vista ambiental”. Esas esixencias poderían estar relacionadas coa balsa de lodos de Alcoa, cuxa saturación está prevista para 2025.