Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Foz prepara a celebración dun Entroido diferente

Por 26 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Foz mantivo unha reunión telemática con representantes dos distintos grupos e comparsas do Entroido de Foz para preparar unha celebración que será diferente a dos anos anteriores debido á pandemia de COVID-19.

O alcalde focense, Fran Cajoto, explica que “nun contexto complicado de pandemia coincidimos en que hai que manter o espírito do Entroido vivo, polo que saíron a colación na reunión distintas alternativas, como potenciar a revista do Carnaval ou promover mediante o audiovisual distintas accións. Nun ano no que as actividades multitudinarias non son posibles, é de agradecer o entusiasmo e a dedicación que lle seguen poñendo as distintas peñas, valor que debemos potenciar xa que o compañeirismo e o tecido social e asociativo que existe en Foz é unha das nosas principais sinais de identidade e un orgullo para todos os focegos”.