Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXATrabadaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Trabada critica os recortes nos servicios públicos por parte da Xunta

Por 26 Outubro, 2020Outubro 27th, 2020Sin comentarios

O Concello de Trabada vén de comunicar os diferentes os recortes nos servicios públicos de competencia da Xunta que se están a levar a cabo.

“Son moitos os meses que levamos sen cubrir a baixa dun dos médicos do noso centro de saúde e o ano pasado, o a Xunta de Galicia suprimiu unha unidade educativa no noso colexio, e con elo temos unha mestra menos no colexio e os nenos están máis agrupados”, di a alcaldesa Mayra García Bermúdez. “Non contamos co apoio do goberno todas as  xestións necesarias para poñer as instalacións en marcha”.

Pero ademáis disto, “tampouco tivemos colaboración para mellorar infraestructuras que consideramos necesarias”, engade. No ano 2016 a Xunta de Galicia denegolles a axuda para a reparación da rúa Joaquín Velasco por un valor de 40.000 euros e a substitución da cuberta do pavillón polideportivo en Sante por 39.718,61 euros, “esta última levámola a cabo coa colaboración da Deputación”, di Bermúdez.

“No 2017 non colaborou para comprar a furgoneta para poñer en marcha o servicio aos maiores, tivemos que esperar ao 2018 a axuda da Deputación. Tampouco nos concedeu a axuda para rehabilitar a antiga escola de Mestres por un importe de 285.714,34 euros, pola que tivemos que agardar un ano máis e conseguimola no ano 2018″.

Denegolles taménunha axuda para levar a cabo a mellora do equipamento da Casa da Cultura, o cambio de luminarias dos alumeados públicos de o Vilar, Vidal, Vilarbetote e Vilafernando e a pavimentación de Cima de Vila, Sequeiro- Carris e Abaira de Abaixo que se fixo máis tarde con outra axuda da Deputacion.

No 2019 volveulles a denegar a axuda de equipamento da Casa da Cultura, e non colaborou na compra dunha pala mixta, e ttampouco colaborou para pavimentar as vías municipais no Bargo, Vilasusa e Carreira Chá que executaron a través do Plan Único. Máis tarde foi denegada unha axuda pararehabilitar a rúa Cotarelo en Trabada, donde se atopa entre outros, a oficina bancaria e a farmacia, e tampouco a axuda solicitada para a construcción dun albergue de peregríns, local para usos múltiples e parking de caravanas na Ría de Abres por importe de 397.407,66 euros e a axuda para rehabilitar a primeira planta da escola de Vila euros para levar a cabo a mellora das instalacións e equipamentos dos vestiarios e do ximnasio municipal e 39.970 euros para a mellora dos alumeados públicos, así como 36.300 euros para un proxecto de concienciación e promoción da Reserva da Biosfera”, di a rexedora municipal.

O Concello de Trabada no 2016 tiña asignados 61.425 euros, no ano 2017 reducírono a 47.969 euros e a partir de ahí, nos anos 2018 e 2019 establecen convocatorias bianuais polo mesmo importe ata que neste ano, a convocatoria destes fondos para a anualidade 2020-2021 é de 33.933 euros. “Redúcese prácticamente á metade os fondos que recibimos da Xunta para mellorar as vías municipais”, remata dicindo Mayra García.