Skip to main content
ActualidadeO ValadouroSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Valadouro esta acondicionando a rotonda de acceso

Por 26 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello do Valadouro esta acondicionando a rotonda de acceso ao centro urbano e a zona verde da piscina municipal.

Os traballos supoñen un investimento de 16.415,30 euros con cargo aos remanentes do Plan Único 2019 da Deputación de Lugo.

Apostase por un deseño baseado en plantas coa utilización de especies arbustivas relativamente rústicas (necesidade de rega manual puntual), a combinación de especies perennes e caducas. Presenza estacional de flor nalgunhas especies arbustivas utilizadas. Interese durante todo o ano, con variacións estacionais de cor.

Tamén crearanse zonas verdes cun maior grao de biodiversidade. Utilización de tres estratos: herbáceo, arbustivo e arbóreo.

E así mesmo, cololaborarase cun sector (xardinería e viverismo) afectado pola crise actual para o mantemento da mesma.