Skip to main content
ActualidadeBarreirosSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Barreiros nega a licenza a un prostíbulo

Por 27 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Barreiros vén de impedir a reapertura dun club de alterne, que opera baixo o nome Eros, situado no cruce das estradas N-634 coa autovía A8 á altura da rotonda.

A alcadesa, Ana Ermida, informou que aproveitou que os xerentes do establecemento volveron a presentar a solicitude para a súa reapertura como café-bar, instoulles a que presentasen a documentación pertinente, pero aínda non lla fixeron chegar e polo tanto o local de alterne aínda segue pechado e non poderá reabrir.

Pola súa banda, Ermida, espera que non continue xa que este negocio é coñecido por intervencións policiais, e ademais porque de que o local atópase nun terreo que é propiedade do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana.

Ademais, “non queremos este tipo de locais non noso Concello, neste tipo de negocios estase a negociar coas mulleres como se fose mercadorías e, polo tanto, dentro das nosas posibilidades non podemos permitilos”, dixo Ermida.