Skip to main content
ActualidadeO VicedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O alcalde do Vicedo informou que se están a facer melloras en parques do municipio

Por 27 Outubro, 2020Sin comentarios

O alcalde do Vicedo, Jesús Novo, informou que están “a facer moitas obras de mellora por mor das adxudicacións das subvencións e que comezarán en breve”.

A semana pasada adxudicouse unha das obras do Plan Único, que en concreto é mantemento e mellora dos accesos a Vilar, Pazo, Vilagudín, Gatariza, Crecide, A Poceira, Os Barcós, Chaví, Castro Bo, Morgallón e Abrela. Esta obra adxudicouse por 110.000 máis iva.

Tamén adxudicouse con cargo ao Plan único a susbstitución dun muro na parroquia de Suevos, concretamente en Folgueiro por un importe de 47.371 con iva engadido.

Por outra banda, as obras do fondo de compesación xa están practicamente rematadas como son a creación dun parque didáctico na praia de Xilloi que se atopa preto do aparcadoiro, e tamén o aforro enerxetico nesta zona mudaronse as farolas por leds ao igual que no paseo maritimo de Xilloi.

O rexedor tamén comunicou que “estamos en proceso de adxudicación das obras de mellora e accesibilidade na escola de San Roman, que está cedida a dúas asociacións, na que se colocará unha rampla e mellorar os aseos sobre, o que contará cun importe de arredor a 47.000 euros”.

Tamén empezaron coas obras dun novo parque infantil cuberto gracias a concesión dunha subvención de case 34.000 euros da Xunta de Galicia. Dito parque infantil atoparase no edificio multiusos, onde tamén se atopa o punto de atención a infancia.

O alcalde, Jesús Novo, informou que este parque servirá para que os nenos dispoñan dun lugar onde xogar durante o inverno a cuberto. Ademais dos 33.816 euros cos que axuda o Goberno galego, o Concello completará os 48.308 euros que supoñen o proxecto total.

Por último “vamos adxudicar unha sinalización ao Fuciño do Porco, así como o acondicionamento do acceso, abrir cunetas, etc, facer pequenas melloras”, comunicou Novo.