O toque de queda manterase en Galicia de 23.00 a 6.00 horas

O presidente da Xunta avanzou algunhas das novas medidas que se establacerán en Galicia durante o estado de alarma, tras as críticas que verteu onte sobre esta medida que calificou de “desproporcionada”.

A primeira medida consiste en manter o toque de queda en todo o territorio autonómico nas mesmas horas que no resto de España, é dicir, entre as as 23.00 e as 6.00 horas da madrugada. Avanzou que polo momento non haberá peche de fronteiras nin pemimetral e que esperararán ata o venres para hacer unha nova evaluación da situación.

CAIDA DE NOVOS POSITIVOS

O coronavirus segue sen dar tregua tamén na provincia de Lugo. Os pacientes activos subiron ata o 691, 18 máis que onte, pero a boa nova é que baixaron os novoso casos detectados nas últimas 24 horas, que foron 34, por baixo dos 59 do luns e dos 64 do domingo. Neste cómputo poden engadirse tamén 17 novas actas.

Por outra banda, están hospitalizadas 32 persoas, unha menos que no cómputo anterior. Delas, 30 están ingresadas en planta: 23 no Hula (dous menos), 5 en Monforte (un máis), un en Polusa e un en Burela. Na capital lucense tamén hai dúas persoas na UCI.

O Sergas lembra que desde que comezou a pandemia superaron o virus 3.229 persoas na área de Lugo, onde se detectaron 4.012 casos, e faleceron 92 persoas.

No mapa de seguemento que o Sergas actualiza todos os días ás 18.00 horas, Lugo e Monforte continúan en vermello, o nivel máis elevado, mentres que Viveiro e Bóveda están en laranxa. Burela, Baleira e Cospeito seguen en amarelo.

GALICIA

Os datos do conxunto da comunidade suman outros 525 positivos por covid-19, dos que 137 corresponden á área de Vigo. Galicia chega aos 7.074 casos activos. E iso tras unha xornada negra no tocante a defuncións, xa que se notificaron 12 na tarde do luns, a maior cifra nunha xornada nesta segunda onda da pandemia, xa que acadan as 880 persoas.

Por áreas sanitarias, detectáronse 86 novos positivos na da Coruña; 73 na de Ferrol; 69 na de Ourense; 66 na de Pontevedra-O Salnés e 60 na de Santiago. Os casos activos aumentan en todas as áreas sanitarias galegas, con Ourense (1.423), Vigo (1.358) e A Coruña (1.201) na cabeza.

Ata o de agora curáronse 25.804 persoas na comunidade.

AXUDAS Á HOSTALERÍA

A Xunta de Galicia ten en marcha un Plan de Reactivación para axudar a paliar os efectos económicos da pandemia nos establecementos de hostalería dedicados ao ocio nocturno, que son os únicos que permanecen totalmente pechados como consecuencia directa das restricións sanitarias. Contempla distintos programas de apoio que suman investimentos por importe global de 6,8 millóns de euros.

Así llo trasladou hoxe o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, aos representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo (APEHL), nunha xuntanza á que asistiron o presidente da entidade, Cheché Real; o vicepresidente, José Manuel Cela, e o secretario, Jacobo García-Bobadilla.

Arias indicou que a Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo publica hoxe mesmo no DOG a convocatoria para solicitar axudas directas de ata 20.000 euros para sufragar os gastos de alugueiro dos locais de ocio nocturno.

As solicitudes poden formularse a partir de mañá na sede electrónica da Xunta de Galicia. Están dirixidas aos negocios pechados desde o pasado 15 de agosto –agás as terrazas- tras a decisión adoptada para o conxunto de España polo Ministerio de Sanidade, en coordinación coas comunidades autónomas, co obxectivo de conter o virus. Trátase das discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festas, así como as salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga aos anteriores. A convocatoria está dotada cun orzamento de 2,2 millóns de euros; as axudas son de concorrencia non competitiva e compatibles con outras para o mesmo fin.

Ademais, no marco do Plan de Reactivación, o Goberno galego convocará axudas por 600.000 euros nos establecementos habilitados como salas de concertos, salas de espectáculos ou cafés-concerto, que o ano pasado levaran a cabo un mínimo de 15 concertos. En concreto, sufragarán o 80% dos gastos de proxectos cun importe superior aos 25.000 euros.

Tamén se habilitarán outras dúas liñas de achegas dentro de plans transversais da Xunta, que inclúen tanto axudas de 4 millóns de euros destinados ao mantemento do emprego no sector, como apoio financeiro a través da concesión de préstamos.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: