Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A plataforma ‘Escaparate de Xove’ conta xa con 55 empresas

Por 28 Outubro, 2020Sin comentarios

A plataforma Escaparate de Xove viu a luz ofrecendo interesantes produtos e servizos e contando con 55 empresas rexistradas e que unirán a todas as empresas e profesionais do municipio, amosando os seus produtos e servizos e actuando coma un centro comercial unificado.

Así, nace para potenciar os puntos fortes do empresariado de Xove, aproveitando a súa unión e capacidade de organización, o apoio do Concello e as posibilidades que ofrece a dixitalización.

Ten como obxectivos amosar á clientela as vantaxe do consumo local que ofrece o noso empresariado, impulsar as relacións comerciais entre as empresas e coa clientela incrementando a súa presenza na Internet, facilitar unha canle de comunicación para a oferta e a demanda de emprego e atraer a novas iniciativas empresariais.

Será unha plataforma viva que cada empresa poderá actualizar a diario, nela veremos os datos principais  de cada negocio: o seu lema, a súa ubicación, como acceder ao servizo de venta en liña, entrega a domicilio, ofertas e promocións e se aceptan curriculos vitae.

Ofrece un mapa de ofertas e promocións, é dicir, que se poderá ver nun único sitio as ofertas de todo o municipio. Nestas datas xa se poden atopar unha gran variedade de descontos e bonos de tratamentos de beleza; descontos en alugueiro de carpas para celebracións; cestas de Nadal personalizadas; envíos gratuítos de compras en liña; descontos en actividades de formación; Eurovales, vales en roupa; ofertas de perruquería; cartas especiais de fin de semana en restaurantes; promoción de lavados de vehículos; descontos en combustibles; vehículos quilómetro 0; mobles; ofertas en supermercados; descontos en material escolar e libros; descontos en seguros médicos; seguros de vivenda; descontos en limpezas de portais; descontos en xerseis de inverno; ofertas de moldes de forno; flores artificiais; regalos de sinalización; promoción de aloxamento de fin de semana, etc.