Aprazado o XIV Festival das Minas da Pontenova

Dende a Asociación Cultural e Deportiva As Minas da Pontenova, vista a situación sanitaria por culpa da covid-19, comunicaron que suspenden o XIV Festival das Minas que estaba programado para o vindeiro 12 de decembro do 2020.

“Lamentamos non poder levar a cabo este evento pero por responsabilidade e sentido común, o máis axeitado é pensar na saúde de todos nós e empezar a pensar xa na edición do 2021”, dixeron dende a asociación.

“Queremos agradecer públicamente, no noso nome e no dos comercios involucrados, a colaboración que está tendo todos os que mercaron a camiseta conmemorativa e a lotería de Nadal e animar a seguilo facendo xa que o logotipo das camisetas non cambiará para o ano vindeiro, e seguiremos coa mesma idea de colaboración que tivemos este ano. Esperemos que pronto poidamos volver á normalidade e con ela voltaremos a organizar todas as actividades que ó largo de todos estes anos víñamos facendo no noso Concello”, remataron dicindo.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: