Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro establece cambios nos mercados semanais e quincenal establecendo quendas rotativas

Por 28 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro restableceu a actividade do mercado quincenal sito na circunvalación o pasado 1 de outubro mediante un sistema de quendas, polo que a metade dos postos asistirían o día 1 de cada mes e a outra metade, o terceiro domingo.

Por parte deste Concello, atendendo ás peticións realizadas dende o colectivo de vendedores ambulantes que veñen exercendo a súa actividade neste mercado, decidiuse modificar este sistema establecendo quendas rotativas para que todos poidan acudir a este mercado en ambas datas, segundo lles corresponda en cada mes, de xeito que se poidan seguir mantendo as medidas de seguridade e que se poidan ir realizando rotacións.

Dende o concello lémbrase que tanto no mercado semanal como no mercado quincenal se deben cumprir as medidas e limitacións establecidas pola Xunta de Galicia en canto a distancias, aforos, etc.

Neste sentido, en canto ao mercado semanal, modificouse o seu emprazamento, buscando unha ubicación alternativa e céntrica que permitise a colocación de todos os postos gardando as distancias de seguridade, polo que se vén celebrando nos Xardíns Noriega Varela.

No caso do mercado quincenal, ao non ser posible a súa reubicación nun espazo céntrico de maiores dimensións, restableceuse a súa actividade mediante o sistema de quendas referido que, a partir de agora, será rotativo.

“Entendemos que os vendedores están pasando por momentos complicados. Pero nesta situación de crise sanitaria, temos que tomar todas as medidas establecidas polas autoridades sanitarias”, informa o concello.

Dende o Concello de Viveiro barallane todas as alternativas para manter ambos mercados. Mentres estas medidas sanitarias estean en vigor e mentres dure esta situación, “teremos que deixalo así, coas medidas de distancia esixidas e que, dende o concello, compartimos por que ante todo e o máis importante é a saúde dos nosos veciños e veciñas”.