Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Xove estuda a creación dun centro de día no local de Cogami

Por 28 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Xove quere crear un centro de día no actual local de Cogami, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, así o está a pensar o alcalde, Demetrio Salgueiro,  quen ve unha boa idea esta creación xa que municipio non conta con este servizo.

O edificio, situado en Palmeiro, é de nova construción e conta cunha idóneas condicións de accesibilidade e de alumeado, ademais dispón de amplos aparcadoiros.

Para este cambio de uso do edificio e necesario a autorización do Ministerio de Sanidade, a Xunta, a Deputación de Lugo e a Fundación Once, ademais de preparar un estudo económico sobre o mantemento e o persoal necesario.

Agora mesmo o centro está homologado pola Xunta de Galicia para 21 prazas de día, polo que habería que ampliar esa cifra para dar servizo a máis veciños e a súa titularidade é da asociación A Mariña-Cogami.

O rexedor xovense reuniuse co presidente de Cogami, Anxo Antón Queiruga; Enma Castaño, presidenta da Mariña- Cogami; Victor Silva, secretario de Cogami, e José Luis Lolo, presidente de Cogami-Lugo, a fin de avaliar a viabilidade do proxecto.