Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’ chega a Viveiro

Por 30 Outubro, 2020Sin comentarios

a exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’O Concello de Viveiro acollerá a vindeira semana a exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’, dedicada a Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas.

Esta mostra, composta por 13 paneis, poderá visitarse na sala de exposicións da biblioteca municipal do 2 ao 7 de novembro. Organizada polo Colectivo Egeria, reflicte as “pegadas de Carballo Calero en Lugo”, onde permaneceu quince anos (1950-1965) e desenvolveu unha moi importante actividade na investigación, na educación e na escrita.

No seu período en Lugo, Ricardo Carballo Calero leu e publicou a tese de doutoramento, ingresou na Real Academia Galega e comezou a publicación da súa monumental Historia da Literatura Galega contemporánea.

A inauguración da exposición, na que estará a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e membros do Colectivo Egeria, terá lugar o luns, 2 de novembro, ás 18:00 horas, permanecendo ese día estará aberta ata as 20:30 horas.

Posteriormente, a mostra estará aberta de martes a venres e poderá visitarse de 10:00 a 15:00 e de 16:30 a 20:30 horas; mentres que o horario do sábado será de 10:00 a 14:00 horas.

Neste 2020, a celebración do Día das Letras Galegas viuse afectado polas medidas e limitacións establecidas como consecuencia da pandemia; con este mostra, o Concello de Viveiro quere seguir difundido e dando a coñecer a vida e obra do homenaxeado.