Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

A Xunta ordea o peche de todas as cidades galegas pola incidencia da covid-19

Por 30 Outubro, 2020Sin comentarios

A Xunta ordea o peche de todas as cidades galegas pola incidencia da covid-19A Xunta ordeou esta mañá o peche perimetral de todas as cidades galegas, debido á mala evolución da pandemia de covid-19, e restrinxirá as reunións unicamente a persoas conviventes nestes municipios. Os peches perimetrais afectan as localidades de Vigo; A Coruña e Arteixo; Santiago, Ames e Teo; Ferrol, Narón, Fene e Neda; Pontevedra, Poio e Marín; e Lugo (en Ourense mantense a limitación que xa había).

Esta orde de peche estará activa ata o martes e nese momento se estudiarán de novo esta medidas, que se tomaron polo continuo incremento da enfermidade en todas as grandes cidades,

Hai que lembrar que xa hai tres áreas confinadas en Ourense. Son a da capital e Barbadás; Verín, Vilardevós e Oímbra; O Carballiño, Boborás e O Irixo. Segundo a Xunta, as medidas están a empezarse a deixar notar sobre todo no sur de Ourense. Con todo, seguen vixentes estes perímetros.

Hai limitacións para todos os concellos, teñan ou non restricións perimetrais. En ningún concello están permitidas as reunións de máis de cinco persoas e nos concellos perimetrados, prohibidas as reunións de persoas que non convivan.

EXCEPCIÓNS

As novas limitacións entran en vigor desde as tres da tarde deste venres. Unha das excepcións previstas é a dos universitarios, que poden volver aos seus domicilios. Iso si, o conselleiro de Sanidade pediu aos estudantes que non volvan aos seus fogares a fin de semana, para protexer ás súas familias.

As limitacións acábaas de presentar o conselleiro, Julio García Comesaña, tras a reunión do comité clínico de expertos da Xunta.

A Xunta ordea o peche de todas as cidades galegas pola incidencia da covid-19OS ÚLTIMOS DATOS

Según los datos da Consellería de Sanidade Lugo e Monforte continúan este venres no nivel vermello de alerta pola incidencia do covid-19, mentres que Bóveda sobe a laranxa, unha situación na que se manteñen A Fonsagrada e Viveiro. Burela e Cospeito reducen o nivel a amarelo, no que seguen Sarria, Foz e Antas de Ulla. Na Coruña, As Pontes ponse de novo en amarelo.

Este é así porque a provincia de Lugo chegou xa aos 801 casos con 50 novos positivos nas últimas 24 horas e 25 altas. Deste xeito, son xa 4.192 os enfermos neste tempo e 3.297 os que superaron a enfermidade.

Mentres as defuncións chegan á 95 tras tres máis nas últimas horas.

En Galicia, os contaxios por covid-19 repuntaron tras detectarse 696 positivos nas últimas horas, a cifra máis elevada en toda a pandemia. O peor é Vigo, onde houbo 185 positivos máis; 115 positivos na área de Santiago e Barbanza; 117 na da Coruña e Cee; 99 na de Ferrol; 76 na de Pontevedra e O Salnés e 54 na de Ourense.

Ademais, trece persoas falecían en Galicia este xoves, o que supuxo unha cifra récord na segunda onda. A comunidade xa chega ás 902 vítimas mortais desde que comezou a pandemia.

SAN CIBRAO

Tamén foi detectado un gromo na residencia de maiores de San Cibrao onde ata o momento hai máis de 20 maiores contaxiados e 7 traballadoras. Polo momento, o seu estado de saúde é bo sendo case todos asintomáticos.