Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Alfoz abre o prazo para solicitar as axudas de transporte escolar

Por 30 Outubro, 2020Sin comentarios

Alfoz abre o prazo para solicitar as axudas de transporteO Concello de Alfoz abre o prazo para solicitar as axudas de transporte para estudantes, para o alumnado do Concello que estuda BAC e FP nos IES da Mariña.

Estas achegas son de ata 400 euros por curso e alumno para sufragar os gastos de desprazamento ata os centros educativos, posto que o IES de Alfoa-Valadouro só conta con ensino secundario e isto supón que rematada a ESO os estudantes teñen que estudar fóra do municipio.

Desde a Delegación de Atención á veciñanza ofrécese o servizo de axuda para a súa tramitación, como se fixo xa un curso máis coas becas do MEC, solicitudes de tarxetas de bus, etc. coa finalidade de facilitar o acceso das familias aos servizos e axudas das administracións locais e supramunicipais das que poidan beneficiarse.