Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O mediador entre Alcoa e traballadores rechaza a parada das cubas

Por 30 Outubro, 2020Sin comentarios

Alcoa vista xulgadoO árbitro designado para mediar entre a empresa e os traballadores da planta de San Cibrao en relación cos servizos mínimos e as condicións para a folga indefinida sostén no laudo arbitral que neste momento “non se pode proceder a hibernación  ordenada das cubas, como pretendía a multinacional”.

Trala conclusión no Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo , AGA, o arbitro non acepta a “formulación da empresa de variar os servizos de seguridade e mantemento” fixados para o desenvolvemento da folga que xa comezou o 4 de outubro, “proceder á hibernación das cubas”.

“Hai uns servizos de seguridade e mantemento acordados o día 8 de outubro que 22 días despois, demostráronse eficaces“, di o texto, porque foron establecidos por “quen mellor coñece a realidade da planta e a súa complexidade técnica, por quen negocia e acorda desde fai anos cuestións de toda índole. Respecto “ao plantexamento da empresa de variar a composición deses servizos de seguridade e mantemento para iniciar “a hibernación das cubas”, o árbitro precisa que “non debe pronunciarse neste momento” e “a prudencia así o aconsella”.

“Atópase aberto un proceso xudicial de medidas cautelares sen resolver”, cuxa vista celebrouse o pasado 28 de outubro no TSXG, Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, “razón pola que non se pode proceder a tal hibernación neste momento”, conclúe.

Na citada vista, o Ministerio de Industria pechou a posibilidade de intervir a factoría no sentido de expropiala ou nacionalizala.