Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Rematadas as obras de mellora da rúa do Faro en Cervo

Por 30 Outubro, 2020Sin comentarios

rua faro cervoO Concello de Cervo vén de recepcionar as obras da segunda fase da mellora da rúa do Faro, no Porto de Arriba de San Cibrao, que contaron cun orzamento de 126.000 euros, dos cales o 75% procederon da Xunta de Galicia, e os restantes das arcas municipais.

O rexedor, Alfonso Villares, que se desprazou acompañado por varios membros do equipo de Goberno, explicou que “a obra, que comprende o tramo desde o acceso á Praza de Urbanización ata o aparcadoiro, consistiu na mellora do pavimento da rúa, eliminando barreiras arquitectónicas e renovando a rede de saneamento”.

Ademais, tamén se deixaron preparadas canalizacións para o soterramento do alumeado público e as telecomunicación.

Esta obra vén completar a renovación integral de toda esta contorna, que supuxo un investimento total de 300.000 euros; xa que a primeira fase que comprende o tramo entre a rotonda e o acceso á Praza de Urbanización, foi executada cos fondos do Plan Único, e recepcionada a finais do pasado ano.

Villares apuntou que esta actuación segue a liña de todos os proxectos que vimos acometendo no termo municipal; “todas as intervencións que plantexamos foron concibidas baixo tres premisas: a mellora da accesibilidade coa eliminación das barreiras arquitectónicas, a humanización da zona na que se actúa e a aposta polo saneamento; un servizo que non se ve, pero que mellora a calidade de vida da veciñanza”.