Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Instalados dous puntos limpos de proximidade en Ribadeo

Por 31 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Ribadeo ven de asinar un contrato para a recollida selectiva coa empresa Ascan Servicios Urbanos. A duración será de tres anos, con posible prórroga dun ano máis, e un custe anual de 83.000 euros. A sinatura deste contrato chega con novidades como a instalación de puntos limpos de proximidade, que xa están situados no parque e na avenida Rosalía de Castro, nos que se poderán depositar pequenos aparellos eléctricos e electrónicos, pilas, aceites, lámpadas fluorescentes ou cápsulas de café. Deste xeito evitaranse desprazamentos ao punto limpo de Ove.

Ribadeo ten dúas liñas de recollida de residuos domésticos, a principal é a do contedor verde, que é desempeñada con medios propios e con persoal municipal. Pero tamén no tocante a recollidas selectivas, as dos contedores amarelo e azul, a recollida do cartón porta a porta, a xestión do punto limpo e a recollida de plásticos agrícolas, faise a través dun contrato de servizos.

O rexedor subliñou que “ademais de garantir todas as frecuencias da recollida, tanto na vila como nas parroquias, tamén instalamos agora dous puntos limpos de proximidade en sitios céntricos, como é entre os dous parques e ao comezo da avenida Rosalía de Castro, que evitarán o desprazamento ao punto limpo que o Concello ten no Valín, na parroquia de Ove. Así nestes contedores selectivos poderanse depositar certos materiais que non se deben tirar en ningún dos outros contedores como pilas, cds, lámpadas fluorescentes, aceites e, incluso como novidade, cápsulas de café. Tamén supón outra innovación poder depositar nestes contedores selectivos pequenos aparellos eléctricos ou electrónicos como un secador, unha tostadora, un móbil, un cargador, un rato de tablets, etc…”.