Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Xove apraza o inicio das actividades de ocio

Por 31 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Xove vén de comunicar que debido as novas restricións como consecuencia da alerta sanitaria actual, “neste momento non é posible o comenzo das actividades de ocio e tempo libre programadas”.

Posto que a situación epidemiolóxica establece que as actividades non federadas reduciranse a cinco persoas sen contar o monitor e “dado o gran número de inscricións nas actividades ofertadas polo Concello, non é viable o inicio e aprazan o mesmo ata que mellore a situación”, din dende o Concello.

“Cando a situación mellore e sexa viable a realización de ditas actividades, avisaremos para o inicio das mesmas”, remataron dicindo.