Skip to main content
ActualidadeXove

O Concello de Xove abre o prazo para solicitar árbores froiteiras e plantas ornamentais

Por 2 Novembro, 2020Sin comentarios

xove arbores

A Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes do Concello de Xove abre o prazo para solicitar árbores froiteiras autóctonas e plantas ornamentais.

Trátase dunha iniciativa que a Concellería ven desenvolvendo dende hai anos co fin de mellorar o medio natural do Concello e o entorno das nosas vivendas. A esta iniciativa poden acudir todas as persoas que estén censadas no Concello.

Como novidade este ano, tamén se abre esta solicitude a todos os propietarios de parcelas ubicadas no término municipal que non estén censados en Xove, cuxas parcelas estén afectadas pola faixa de protección de incendios de núcleos rurais, vivendas, etc. Neste caso, estes propietarios só poderán solicitar árbores froiteiras autóctonas.

O prazo para solicitar é dende o 3 de novembro ao 30 de decembro, ámbolos dous días incluídos. As solicitudes haberá que facelas nas oficinas do Departamento de Agricultura en horario de oficina, de 9 a 14 horas.