Skip to main content
Foz

A obra teatral ‘Carapuchiña vermella’ estará en Foz

Por 4 Novembro, 2020Decembro 18th, 2023Sin comentarios

A obra teatral 'Carapuchiña vermella' estará en FozContinúa a programación de teatro no Concello de Foz. A Concellería de Cultura ten preparada para este sábado, 7 de novembro, ás 18.30 horas na Sala Bahía a obra Carapuchiña Vermella, da compañía Educateatro Producións.

Esta obra chega en formato musical e nela “pequenos e grandes acompañarán a Carapuchiña Vermella na gran aventura de levarlle á súa avoa unha cesta coa merenda atravesando un bosque cheo de sorpresas”, comenta a concelleira de Cultura, Inés López Couto.

Con esta representación o Concello de Foz segue co programa Foz fai Cultura, que busca que, malia as circunstancias adversas e a crise sanitaria que estamos a vivir, tanto adultos coma nenos poidan seguir gozando da Cultura de forma segura.

O prezo desta actividade será de 3 euros para os adultos e 2 euros para os nenos. Seguiranse todas as medidas anticovid e as entradas reserváranse no número de teléfono 982.140.027, marcando a extensión de Cultura.