Skip to main content
ActualidadeViveiro

Piden a cesión do antigo colexio de Celeiro para trasladar alí a EOI

Por 5 Novembro, 2020Sin comentarios

Piden a cesión do antigo colexio de Celeiro para trasladar alí a EOIO Partido Popular promoverá un acordo no Parlamento de Galicia polo que solicita ao Goberno do Estado que autorice, á maior brevidade posible, a cesión do antigo colexio de Celeiro para trasladar alí a Escola Oficial de Idiomas desta localidade.

Os deputados autonómicos da comarca, Elena Candia, José Manuel Balseiro e Daniel Vega, acompañados do portavoz e presidente do Grupo Municipal Popular en Viveiro, Óscar Rodríguez, presentaron a directivos da asociación Aspanane esta iniciativa parlamentaria xa que este colectivo é un dos principais interesados en que se efectúe o traslado do centro de ensino de idiomas.

Os populares afondaron no asunto explicando que os espazos que a Escola Oficial de Idiomas deixe libres, emprazados na rúa Lavandeiras da localidade de Viveiro, poderán ser aproveitado por Aspanane para novos usos sociais, en concreto, a creación dunha residencia para persoas con discapacidade mental ou intelectual.

Precisamente estas dúas iniciativas –o traslado da Escola de Idiomas e o aproveitamento do actual espazo por Aspanane- foi o obxecto dun triplo acordo acadado entre Xunta de Galicia, Concello de Viveiro e Deputación de Lugo. Os deputados lembran que foi un exemplo moi positivo de colaboración entre administracións.

Os populares explican que a iniciativa traería múltiples vantaxes para todas as partes e para a cidadanía da comarca xa que logo, por unha banda, blindábase a continuidade deste centro público de idiomas na localidade, dispoñendo dunhas instalacións máis amplas e modernas e, en segundo lugar, o espazo que deixaría libre a escola faría viable estes novos usos residencias para Aspanane.

O acordo incluía unha serie de obrigas para todas as partes: Xunta, Concello e Deputación comprometíanse a financiar a obra de acondicionamento do antigo colexio de Celeiro, hoxe sen uso educativo, de tal xeito que estas renovadas instalacións permitiran emprazar alí a Escola Oficial de Idiomas.

Os deputados do Grupo Popular no Parlamento galego sinalan tamén que, de levarse a cabo este proxecto, tal e como foi acordado, a escola de idiomas vería así duplicada a súa superficie ao pasar dos 659 metros cadrados útiles actuais a máis de 1.215 metros cadrados, distribuídos en dous plantas (baixa e alta) remodeladas na súa integridade e con melloras de accesibilidade e máis espazos.

A Xunta tamén comprometíase a seguir financiando o sostemento do centro de aprendizaxe de idiomas, o seu persoal e recursos, para os que destina anualmente entorno a 600.000 euros. Blíndase así a continuidade da escola que na actualidade conta cun cadro docente de 11 profesionais e tres traballadores máis de servizos administrativos e limpeza.

Os deputados populares lembran tamén que para acadar este obxectivo, o Concello comprometíase a intermediar diante da Tesourería Xeral da Seguridade Social, actual propietaria do antigo colexio, para facilitar a súa cesión. 

Como froito dos primeiros contactos, a Xunta de Galicia  trasladou xa a inicios deste ano un escrito á administración estatal interesándose pola cesión ou doazón dos terreos e deste inmoble para retomar os seu uso educativo, como Escola Oficial de Idiomas. A pesar do tempo transcorrido, a administración autonómica non obtivo resposta. 

Para o Grupo Parlamentario Popular resulta de vital importancia desenvolver o acordo acadado, tendo en conta as múltiples vantaxes descritas, para o que resulta imprescindible contar, á maior brevidad