Skip to main content
Burela

Burela prepara un mes de novembro moi teatral

Por 6 Novembro, 2020Decembro 18th, 2023Sin comentarios

Burela prepara un mes de novembro moi teatralO Concello de Burela prepara para este mes de novembro unha ampla programación teatral. Así, dará comezo esta fin de semana o domingo 8 ás 19.30 horas a obra O mel non caduca de Ibuprofeno teatro.

O seguinte sábado, o día 14, será a quenda de Love está en el aire, un monólogo de David Amor, que será ás 20.30 horas; o seguinte sábado, o día 21 ás 20.30 horas, será Olvida los tambores de Teatro Andanzas, e o domingo 22 poderase desfrutar do documental Honra de Xabi Piñeiro e Breixo LLano.

Xa o sábado 28 ás 20.30 horas As fillas bravas e o mito de Casandra da compañía Chévere Teatro pecharán este ciclo teatral.

Lembran que as obras serán no auditorio municipal e que cumpre todas as medidas hixiénicas e sanitarias. Ademais, é obrigatorio o uso de máscara e xel hidroalcohólico.