Skip to main content
ActualidadeViveiro

Viveiro anuncia un corte do tráfico na avenida de Cervantes

Por 6 Novembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro informa á veciñanza de que a avenida de Cervantes, no casco urbano, permanecerá pechada ao tráfico dende o próximo luns 9 de novembro. O corte prodúcese debido ás obras de mantemento que se realizarán no vial e que consisten na reparación do firme, cunha duración estimada dunha semana. A execución deste proxecto fora posposta para realizarse entre a fin do verán e antes do Nadal.

Como consecuencia da necesidade de restrinxir a circulación de vehículos na avenida de Cervantes, o Concello informa das seguintes medidas adoptadas:, así, restrínxese a circulación na avenida de Cervantes durante a duración das obras. Dita restrición implica a anulación dos carrís de incorporación procedentes, en ambos sentidos, da estrada LU862 (Travesía da Mariña).

E establecerase a circulación circunstancial en modo alternativo pola rúa Río dos Foles cara a rúa Rego das Frores. Para posibilitar esta dobre circulación, prohibirase o estacionamento na rúa Rego das Frores e instalaranse semáforos circulares para vehículos.

Ademais, para que o servizo de recollida do lixo se realice fóra da área afectada polos traballos, o Concello de Viveiro colocará contedores móbiles na zona da Praza de Abastos, ao carón dos colectores de lixo subterráneos.  Para solucionar o acceso dos usuarios do Centro de Alzheimer, está previsto habilitar un espazo reservado de parada e estacionamento que se ubicará na praza de Juan Donapetry.

Por último, a empresa de transporte escolar afectada polas obras realizará un cambio de itinerario por outra vía alternativa.