Skip to main content
ActualidadeFoz

O PP de Foz pregunta sobre a conservación do edificio do asilo

Por 9 Novembro, 2020Sin comentarios

O PP de Foz pregunta sobre a conservación do edificio do asiloO grupo municipal do PP en Foz presentou un rogo no pasado Pleno, para que o equipo de Goberno busque solucións, cos propietarios, para o edificio do Asilo de Foz, que está  sen actividade dende hai dous anos, dende que “o anterior goberno municipal deu solución ao servizo de residencia e centro de día, creando unha nova construción á que se trasladaron os maiores e os traballadores”, din.

O portavoz popular en Foz, Javier Castiñeira, sinala: “A partir de aí, está abandonado e son moitas as queixas dos  veciños que pasan por alí, que comprobaban que o edificio non está coidado, nas condicións que  merece. Se seguimos así é posible que a situación empeore moito”. Explica: “ Igual que no seu momento o anterior goberno deu solución a todos aqueles problemas económicos que tivo que solventar o asilo mentres non se sacaba adiante o novo servizo e financiou  estas circunstancias, creou a nova residencia e centro de día, o actual goberno debe tratar de velar polo edificio”. Castiñeira lembra que “o anterior goberno aprobou tamén o Plan Xeral que protexe ese ben, que todos os focenses sabemos que é emblemático, quizá un dos máis importantes  que ten o noso patrimonio e queremos que se conserve en bo estado”.

De manterse a actual situación de abandono, os populares cren que “en poucos anos o edificio vai  ter moitos máis problemas”. Por elo, solicitan “ao goberno que se involucre máis;  non estamos nada de acordo coa resposta que deu o alcalde, que veu a dicir que o Concello non ten nada que ver neste asunto porque se trata dun edificio privado. Claro que ten que ver; é un edificio singular, e o Concello sempre mediou para que esa  institución saíse adiante e o edificio debe ser  conservado”.

En síntese, “o PP pide ao alcalde que busque solucións; algunhas delas poderían ir encamiñadas a dar acollida a asociacións mediante un convenio que permitise manter o edificio en boas condicións mentres non haxa unha solución definitiva”.