Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Nova xornada de baixada de casos activos na provincia

Por 11 Novembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

mapa dia 10 noviembreNova xornada de baixadas de casos activos e novos contaxios na provincia. De feito, a día de hoxe o Sergas ten rexistrados 1.129, 19 menos que onte. Esto é debido ás 52 altas fronte aos 34 novos contaxios da última xornada.

Estes datos son un novo respiro tras unha baixada lenta nas últimas datas desta segunda onda que está causando de novo unha gran mortalidade dende o mes de outubro.

A presión hospitalaria se mantén en 59. Malia que é un dato inferior ao do día anterior, con catro persoas menos ingresadas, aínda que hai unha máis na UCI e xa son 5. No Hula segue habendo 33 enfermos en planta, mentres que na Mariña baixaron a 15 (catro menos) e en Monforte a 6 (un menos).

Esta baixada de ingresos tamén estivo condicionada polo facelemento na última xornada de tres persoas. Dúas delas no Hula (unha procedente da residencia da Fonsagrada) e outra da residencia de San Cibrao, ingresada no hospital de Burela.

Respecto ao mapa de alertas, as boas noticias corresponden a Cervo, que vai estabilizando a súa situación na residencia, onde se detectou un importante gromo, e baixa a nivel laranxa xunto a Burela e Sarria.

En vermello seguen Viveiro, Vilalba, Chantada e Lugo mentres que Monforte, que baixara a laranxa, volve ter unha subida ao máximo nivel de alerta.

No primeiro grao tamén hai cambios, Outeiro de Rei e Palas volven á normalidade pero entra Castro de Rei. Seguen tamén en amarelo O Valadouro, Foz, O Corgo, Castroverde, Monterroso, Guntín e Carballedo.

Malia este cambio positivo, o comité de seguemento do coronavirus alertou de que as medidas restrictivas impostas nos diferentes niveis de alerta manteranse aínda.

GALICIA

As últimas cifras do coronavirus confirman que Galicia permanece no camiño correcto, pese ao repunte de positivos respecto ás de onte (350 fronte a 515). O importante é que todas as tendencias seguen á baixa.

A incidencia acumulada semanal está en 143 , sexto día seguido baixando. A incidencia acumulada a 14 días está en 309, quinto día seguido baixando.

Son cifras en todo caso elevadas. De feito, de acordo ao semáforo oficial de alertas do coronavirus en España as dúas incidencias acumuladas galegas aínda están en nivel de risco extremo. A semanal ten que baixar a 125 para situarnos en alerta laranxa- risco alto, a de dúas semanas a 250. Queda pois bastante camiño por percorrer para chegar outra vez á nova normalidade.

Os contagios de Covid-19 en Galicia son 515 confirmados por PCR nas últimas 24 horas, mentres que os casos activos de coronavirus seguen en descenso ata os 9.869, o que supón 83 menos que este martes.

Por áreas sanitarias, en Vigo rexistráronse 150 casos confirmados; 114 na da Coruña e Cee; 73 na de Santiago e Barbanza; 64 na de Pontevedra e O Salnés; 43 na de Ourense; 37 na de Ferrol e 34 na de Lugo.

O casos activos baixaron en tres áreas sanitarias, en Ourense, con 929 (92 menos que onte); Ferrol, que ten 978 (35 menos), ademais de Lugo.

Por contra, soben os casos activos nas áreas sanitarias de Vigo, que rexistra 2.463 (oito máis); na da Coruña e Cee ata os 1.921 (23 máis); a 1.263 na de Pontevedra e O Salnés (16 máis) e a 1.186 na de Santiago e Barbanza (16 máis).

Ata o momento curáronse en Galicia 32.161 pacientes, o que supón 588 máis que este martes e contaxiáronse desde o inicio da pandemia 43.053 persoas.

Ata a data faleceron con covid-19 en Galicia 1.024 persoas tras notificar 15 novas vítimas mortais a Consellería de Sanidade na tarde deste martes.

Estas 15 mortes notificadas representan unha das maiores cifras rexistradas na segunda onda en Galicia. Este luns foron comunicadas 21 vítimas mortais, que supuxo o tope desde comezos de abril, coas mesmas vítimas que as rexistradas o 2 de novembro. Delas, sete estaban vinculadas con residencias.