O Concello da Pontenova entrega máscaras infantís a anpa do colexio

o concello da pontenova entrega 1.800 mascarillas infantís a anpa do colexioO alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde entregou hoxe á presidenta da anpa do Ceip Plurilingüe da Pontenova, Beatriz Bello Martínez, un total de 1.800 máscaras infantís para todos os escolares da vila.

Campos Conde agradeceu de xeito especial o esforzo que está realizando toda a comunidade educativa da Pontenova nestes tempos tan complicados. “Todo o persoal dos nosos centros educativos, tanto os nosos docentes, alumnas e alumnos e por suposto, as nais e os pais dos nosos nenos, están realizando unha labor exemplar ao longo destas datas. E, todos xuntos, temos que seguir nese camiño. Cumprindo as recomendacións sanitarias e esperando unha pronta solución a esta pandemia da COVID”, dixo o alcalde.  

 

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: