Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

129 altas baixan o número de casos activos de covid un día máis

Por 12 Novembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

129 altas baixan o número de casos activos de covid un día máisNova xornada de descensos de casos activos da provincia, que chegan aos 1.064, que son 65 menos que a pasada xornada e malia producirse 65 casos novos. Este dato tan positivo vén condicionado polo número de altas que se deron na xornada de onte, que é de 129 ata o total 3.963 persoas curadas en total dende o inicio da pandemia.

A presión hospitalaria por outro lado baixa lixeiramente, concretamente en 1 persoa, pero xa hai dous menos en UCI, tres en total. Polo tanto, no Hula hai agora 35 en planta (dous máis), en Mariña 13 (2 menos) e sobe un en Monforte ata 7.

Tamén mellora o aspecto do mapa de alertas que ofrece a Xunta de Galicia todos os días. Viveiro deixa de estar en vermello e Monterroso abandona a alerta amarela, mentres que Outeiro, pola contra, volve a estar na primeiro paso da emerxencia.

Finalmente, esta non xornada non hai que lametar vítimas mortais e a cifra seguen en 108 casos.

Deste xeito en vermello quedan Vilalba, Lugo, Monforte e Chantada. En laranxa seguen Cervo, Sarria e agora Viveiro mentres que en amarelo están O Valadouro, Foz, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Castroverde, O Corgo, Guntín e Carballedo.

GALICIA

Os novos contaxios de covid-19 volveron incrementarse esta xornada tras outros 523 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas en Galicia, mentres os casos activos de coronavirus seguen en descenso e sitúanse en 9.554, o que supón 315 menos.

Por áreas sanitarias, hai 143 positivos confirmados en Vigo; 122 na Coruña e Cee; 66 en Pontevedra e O Salnés; 62 en Santiago e Barbanza; 41 en Ourense e 24 en Ferrol.

En canto aos casos activos, descenden nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza ao rexistrar 2.426 (37 menos que este mércores); seguida da da Coruña e Cee, con 1.855 (66 menos); a de Pontevedra e O Salnés, con 1.250 (13 menos); a de Santiago, con 1.148 (38 menos); a de Ferrol, con 931 (47 menos) e a de Ourense, que conta con 880 (49 menos).

Ata a data curáronse en Galicia 32.984 persoas, 823 máis. A comunidade galega suma 43.575 contaxiados desde o inicio da pandemia e 1.039 persoas falecidas, tras as 15 vítimas mortais notificadas por Sanidade na tarde deste mércores, delas media ducia vinculadas a residencias.