Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Sobe a presión hospitalaria na UCI pero as restricións continúan

Por 13 Novembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Baixan os casos pero sobe a presión hospitalaria na UCI

A reunión do comité clínico que asesora ao Sergas durante la pandemia acordou non modificar polo momento ningún tipo de medidas restritivas en ningún dos concellos da provincia de Lugo.

Deste xeito, ás medidas máis duras seguirán en Lugo, Monforte, Burela e Viveiro, malia que só Lugo segue en vermello a día de hoxe. Do mesmo xeito tampouco teñen previsto endurecer a situación en Vilalba e Chantada, que están en alerta vermella pero seguen con medidas de nivel 1 e 2, o que implica que no se pechará polo momento a hostalaría nin haberá peche perimetral.

OS DATOS DE HOXE

Lugo segue á baixa e rexistra hoxe 11 casos activos menos que 24 horas antes polo que a taxa de enfermos está situada en 1.053 persoas. Malia a baixada houbo 42 contaxiados máis confirmados por PCR nas últimas horas mentres que se deron 51 altas, ata superar outra barreira, polo que son xa 4.014 as persoas que superaron a enfermidade no que levamos de pandemia. Así mesmo, 5.175 contraíron esta dolencia dende marzo.

O que sobe outra vez é a presión hospitalaria na UCI, onde dobrou para pasar de 3 casos a 6. Mentres onte había 58 persoas hospitalizadas, hoxe son  53. No Hula están os 6 da UCI máis 31 en planta, 11 na Mariña e 5 en Monforte. A baixada foi de dúas persoas menos en cada centro. Tampouco se rexistraron falecementos, que seguen a ser 108 dende o inicio da pandemia.

A situación do mapa de alertas na provincia mellora en termos xerais, xa que O Valdouro, Guntín e Castro de Rei deixan de ser zonas en nivel de alerta 1, aínda que se suma Taboada, afectada polo gromo en cremento de Chantada.

Deste xeito, en alerta vermella están Chantada, Lugo e Vilalba, en laranxa están Sarria, Viveiro e Cervo e Monforte xa que este último baixa do vermello. En amarelo seguen Foz e Burela na costa, Outeiro de Rei, O Corgo e Castroverde no centro e Tabaoda e Carballedo no sur.

No día de hoxe reúnese o comité sanitario que podería cambiar a situación dalgunha zona, tanto quitando restricións como engadido, como no caso de Chantada, onde se esperan hoxe medida de conteción do virus máis radicais.

GALICIA

No conxunto da comunidade volveuse a rexistrar un repunte de contaxios tras detectar 625, mentres os casos activos seguen en descenso e sitúanse en 9.532, o que supón 22 menos que este xoves.

Na área sanitaria de Vigo confirmáronse 218 casos nas últimas 24 horas; 111 na da Coruña e Cee; 95 na de Santiago e Barbanza; 65 na de Pontevedra e O Salnés; 46 na de Ferrol; 42 na de lugo e 34 na de Ourense.

En canto aos casos activos seguen en descenso no global da comunidade galega tras reducirse en cinco das sete áreas sanitarias galegas e aumentar nas de Vigo de Pontevedra.

En concreto, na de Vigo soben a 2.450 os casos activos (24 máis); e na de Pontevedra e O Salnés, a 1.270 (20 +). Pola súa banda, descenden nas da Coruña e Cee ata os 1.840 (15 menos); a 1.130 na de Santiago e Barbanza (18 menos); a 915 na de Ferrol (16 menos) e a 874 na de Ourense (6 menos).

As altas aumentaron a 33.624 tras sumarse outros 640. Ata a data contaxiáronse 44.201 persoas e faleceron 1.046, tras notificar na tarde deste xoves Sanidade a morte de sete, tres delas de residencias.