Skip to main content
ActualidadeBurela

Burela súmase á campaña Agresión Off

Por 13 Novembro, 2020Sin comentarios

Burela súmase á campaña Agresión OffO Concello de Burela, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, súmase á campaña “Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual 2020”.

Esta campaña da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia está encadrada na programación en torno ao 25N e consistirá na instalación dun stand informativo na Praza do Concello o próximo venres, 20 de novembro, en horario de 12:00 a 18:30 horas.

A edil Noelia Mª Ben explica que “no stand ofrécese á cidadanía participar en diferentes obradoiros de sensibilización e actividades lúdicas, sempre cumprindo con toda a normativa de prevención contra a covid-19. Todos os talleres son inclusivos e están dirixidos a todas as idades. No caso do público infantil, hai un espazo especial destinado a dinámicas adaptadas á súa idade”.

Ademais distribuiranse flyers co” Decálogo contra a violencia sexual:10 cousas que tes que saber” así como merchandising cos logotipos do programa.

A concelleira de Muller e Igualdade anima “a toda a cidadanía, maiores e pequenos/as, a achegarse á Praza do Concello a visitar o stand e participar nas diferentes actividades que se desenvolverán o 20 de novembro”.