Skip to main content
ActualidadeViveiro

O PP insta ao goberno de Viveiro a efectuar unha nova convocatoria de axudas

Por 13 Novembro, 2020Sin comentarios

O grupo municipal do PP de Viveiro, á vista das informacións en relación co ingreso das axudas municipais a microempresas e autónomos que non puideron traballar durante o estado de alarma pola covid-19, expresa a súa preocupación polo alto número de solicitantes que no poden acceder a este tipo de achegas. Por este motivo, o portavoz municipal do PP, Óscar Rodríguez, insta ao goberno municipal a efectuar unha nova convocatoria, de maneira que un maior número de empresas e autónomos de Viveiro teñan opción a acceder a estas aportacións.

Óscar Rodríguez sinala que, como se indica nas citadas informacións xornalísticas sobre o abono das achegas, a cantidade total destinada polo Concello para este fin foi de 400.000 euros, dos que, finalmente non se executan 160.300 euros. En total quedan fóra das achegas 81 solicitudes.

Rodríguez di que é precisa unha nova convocatoria destas axudas. Explica que moitas dos microempresas e autónomos que non se puideron acoller a estas achegas corresponden a actividades que non tiñan que pechar obrigatoriamente, pero os seus ingresos caeron de maneira drástica pese a poder seguir operando.

Rodríguez di: “Se o goberno municipal fixera caso da proposta da PP cando se lle fixo, se houbera actuado con rapidez e dilixencia, as axudas xa estarían nas mans dos beneficiarios, que tanto as necesitan, hai xa moito tempo”