Skip to main content
ActualidadeFoz

Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta para este domingo

Por 13 Novembro, 2020Sin comentarios

Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta para este domingA asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta para este domingo, 15 de novembro, que percorrerá a zona de Ribadeo. Partirá de Acevedo e rematará no mesmo punto, pasando polo alto do Mondigo e o monte de Santa Cruz, onde será o xantar.

A saída será ás 9:00 horas, de Foz, diante de Cenor, e ás 8:45 horas desde Ferreira.

Para participar é preciso anotarse e poderase facer ata o venres 13 nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeirros@yahoo.es.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e máscaras, ademais do xantar. O desprazamento farase en coche. A ruta ten un nivel de dificultade medio e unha lonxitude de 15 quilómetros.

A actividade terá un custo de 3 euros para os socios non federados e 4 para o socio temporal, sendo gratuíta para os socios federados.