Skip to main content
ActualidadeO Valadouro

O Concello do Valadouro abre unha nova convocatoria de axudas para o transporte

Por 15 Novembro, 2020Sin comentarios

O Concello do Valadouro abre unha nova convocatoria de axudas para o transporteO Concello do Valadouro informou dunha nova convocatoria de axudas para o transporte de estudantes empadroados no Concello e que cursen bacharelato ou ciclos formativos en centros públicos da comarca da Mariña.

O prazo de solicitudes estará vixente ata o próximo 21 de decembro de 2020.

As solicitudes poderán realizarse nas oficinas municipais previa cita no 982 574 000 ou a través de sede electrónica.

Pódense consultar as bases e descargar os anexos de solicitude na web municipal https://bit.ly/38ICa77