Skip to main content
Mondoñedo

Mondoñedo conta cun variado calendario cultural para este mes

Por 16 Novembro, 2020Decembro 18th, 2023Sin comentarios

Mondoñedo conta cun variado calendario cultural para este mesO Concello de Mondoñedo vén de comunicar o seu calendario cultural para este mes de novembro, así, haberá actividades moi variadas e para todos os públicos.

O mércores 18 será a presentación do libro de receitas de faba verdina ás 19 horas no salón de actos da casa do Concello e os días 19, 20 e 21 poderase desfrutar das IV Jornadas de urbanismo histórico que serás os tres días ás 19.30 horas online.

Os seguintes días, 20, 21 e 22 será a fin de semana verdina con tapeo polos negocios da hostalaería local con diversar formas de preparación da faba.

O 22 no auditorio Pascual Veiga ás 20.00 horas será a obra Polo Camiño. Contos da Feira. E o día 26 no Casino ás 19.00 horas será a presentación do libro Árbores que non arden.

Xa por último, o día 29 Os Bolechas visitarán o auditorio Pascual Veiga coa súa obra Porta dos Camiños ás 12.00 horas.