Skip to main content
ActualidadeRibadeo

As obras de mellora da rúa da Lodeira, de Ribadeo, darán comezo estes días

Por 17 Novembro, 2020Sin comentarios

As obras de mellora da rúa da Lodeira, de Ribadeo, darán comezo estes díasO Concello de Ribadeo anunciou que dentro duns días darán comezo as obras de mellora da rúa da Lodeira. O prazo de execución é de dous meses e o investimento ascende a 48.000 euros, que será financiado integramente pola Deputación de Lugo, que é o titular dese vial.

Estas obras de mellora queren dar resposta á necesidade na que se atopaba este vial que estaba bastante degradado, e que se executarán cunha dotación dun novo pavimento de aglomerado asfáltico, desde o encontro da avenida Rosalía de Castro ata o encontro co vial de servizo da autovía A-8, é dicir, practicamente 400 metros de lonxitude, onde ademais de aglomerado se vai contemplar tamén o pintado e sinalización, así como a mellora dalgún tramo de beirarrúa.

Está adxudicada á empresa Construcciones Isidro Otero, tendo un prazo de execución máximo de dous meses. As obras empezarán ben a final desta semana ou, como moi tarde, a principios da que ven.