Skip to main content
ActualidadeCervo

A Casa da Cultura de San Cibrao acolle unha mostra pioneira de artesanía

Por 19 Novembro, 2020Sin comentarios
A Casa da Cultura de San Cibrao acolle unha mostra pioneira de artesaníaA Casa da Cultura de San Cibrao acolleu a inauguración dunha mostra pioneira de artesanía obra da Asociación A Mariña, enmarcada no proxecto a Aula do Mar inclusiva, a primeira destas características na Comunidade Galega.
Pódese visitar ata o 18 de decembro, de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas; respectando sempre as medidas de prevención fronte ao COVID-19.
 No acto participaron o rexedor, Alfonso Villares e as edís de Servizos Sociais e de Cultura, Pilar Armada e Dolores García Caramés respectivamente, ademais da directora da Asociación, María José Nóvoa, o Presidente da mesma, Jorge Manchado, e representantes do GALP A Mariña-Ortegal.
O rexedor quixo felicitar a toda a familia da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña por “este novo e enriquecedor proxecto”; e precisou que “é un orgullo para Cervo poder acoller e desfrutar do resultado deste primeiro ano de vida da Aula do Mar inclusiva; unha iniciativa innovadora e única en toda Galicia, que é froito do esforzo e traballo de todo o centro, que é un exemplo e un referente a todos os niveis”.