Skip to main content
ActualidadeTrabada

Trabada adheriuse ao proxecto de contedores para a recollida selectiva

Por 19 Novembro, 2020Sin comentarios

Trabada adheriuse ao proxecto de contedores para a recollida selectivaO Concello de Trabada adheriuse ao proxecto para a implantación, no marco dun proxecto piloto, de contedores para a recollida selectiva da fracción orgánica de residuos municipais que puxo en marcha adirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia, a través do cal o Concello recibiu 50 contedores.

Este proxecto levarase a cabo no casco urbano de Trabada e co fin de informar aos veciños e veciñas sobre o uso deste novo colector e proceder ao reparto das chaves, faranse varias reunións informativas durante tres días (18, 19 e 20 de novembro) e tres horarios distintos (ás 12, ás 16.30 e ás 19 horas) no salón de actos da casa da cultura.

Para garantir as medidas sanitarias, é obrigatorio confirmar asistencia no teléfono 982 138 438.