Augas Abisais, do director xovense Xacio Baño, estará no Festival Internacional de Cinema de Xixón

Augas Abisais, do director xovense Xacio Baño, estará no Festival Internacional de Cinema de XixónO Concello de Xove apoiou ao director xovense Xacio Baño na súa película Augas Abisais, que estreará na 58 edición do prestixioso Festival Internacional de Cinema de Xixón.

O filme está gravado na súa maior parte en Xove, na casa familiar do cineasta antes da pandemia e contou tamén coa participación de empresas da zona coma Evox Vertical para a realización de planos de grúa.

Estrouse internacionalmente en Shefflield Doc/FEst, Inglaterra, a semana pasada e a súa premiere nacional será no Festival Internacional de Cinema de Xixón, dentro da sección oficial de curtametraxes. Este é unha das citas máis prestixiosas do circuito nacional de cinema e competirá con 15 obras internacionais de primeiro nivel. Debido a covid-19, esta edición será online, e a peza poderase ver baixo pago na plataforma Festfhome dende o luns 23 de novembro as 18.00 ata o xoves 26 do mesmo mes.

Augas Abisais é unha peza de 25 minutos que aborda o tema do esquecemento. O cineasta, partindo dunhas cartas atopadas nun baúl da casa dos avós, reconstrúe a vida dun ascendente familiar que foi obrigado a ir á Guerra Civil con dezasete anos. Estas cartas e o contraste coa memoria oral que se transmitiu de xeración en xeración na familia fan que a peza toque os terreos da fábula, do onírico e do sensorial.

O filme xirará por festivas nacionais e internacionais neste ano tan atípico para a exhibición cinematográfica. Tamén se fará un pase no Concello de Xove cando a situación sanitaria o permita.

Esta é a segunda vez que Xacio Baño filma un proxecto persoal no seu pobo despois de Ser e voltar no 2014. Ademais está a desenvolver unha peza sobre os montes medulios de Galicia e a creación da identidade galega, no que estará presente a Medela, que fai de límite entre Cervo e Xove, e que a mitoloxía sinala coma un posible Medulio.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: