Comeza na Uned un curso sobre técnicas para afrontar as probas presenciais

O COIE (Centro de Orientación e Emprego) de Lugo en colaboración co Centro Asociado da Uned en Lugo, organizan o curso de extensión universitaria Técnicas de Afrontamiento de Probas Presenciais. Este curso contribúe a que os/as estudantes poidan coñecer os diferentes tipos de avaliación existente na Uned, diferenciar estratexias de estudo para Probas Presenciais, así como o manexo de recursos e técnicas de afrontamiento da tensión.

Será impartido por D. Miguel Guerra Rodríguez, licenciado en Psicoloxía, e titor da Uned.

Realizarase online en directo ou en diferido, os días 26 de novembro e 3 de decembro, en horario de 16:00 a 21:00 horas. Consta de 1 crédito ECTS.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: