Skip to main content
ActualidadeCervo

Cervo programa unhas xornadas de sensibilización con motivo do 25N

Por 23 Novembro, 2020Sin comentarios

Cervo programa unhas xornadas de sensibilización con motivo do 25NO Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, en colaboración coa concellería de Educación e da asociación Mulleres en Igualdade de Cervo, programa unhas xornadas de concienciación, sensibilización e condena da violencia de xénero, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que ten lugar cada 25 de novembro.

Tal e como explica Armada, promovemos un certame de banda deseñada dirixido á comunicade escolar, cuxas bases de participación publicaremos o mesmo día 25 de novembro, na páxina web municipal e nas redes sociais do Concello.

Ademais, durante toda a semana, iluminaremos de morado os diferentes edificios públicos como símbolo de repulsa da violencia de xénero e en apoio a todas as mulleres que sofren ou sufriron nas súas vidas esta lacra.

O xoves, 26 de novembro, instalarase no Mercado Semanal de San Ciprián que se celebra na Praza dos Campos, un Punto Lila de información; e tamén propoñemos –engade- para o venres 27 un taller de achegamento entre mulleres baixo o epígrafe “ver para crecer”, que terá lugar na Casa da Cultura, ás 17:00 horas. Debido ás limitacións polo COVID, o aforo estará limitado a 5 persoas por grupo, polo que a fin de deseñar a actividade as persoas interesadas en participar neste taller gratuíto deben inscribirse no correo xornadas25n@gmail.com ou no teléfono 982 55 77 77.

Convócase tamén un minuto de silencio o mércores, 25 de novembro, ás 12:00 horas, tanto na Casa do Concello como na Casa da Cultura; que terá lugar de novo o xoves á mesma hora no Mercado da Praza dos Campos en recordo das vítimas da violencia machista.

Desde o Concello de Cervo animan a participar nas diferentes actividades propostas nestas xornadas con responsabilidade e respectando todas as medidas de prevención fronte ao coronavirus.