Mondoñedo di non á violencia de xénero

Mondoñedo di non á violencia de xéneroEste ano 2020 debido á situación sanitaria derivada da pandemia da covid-19 o Concello de Mondoñedo vese na obriga de facer un cambio nos actos conmemorativos do Día Internacional contra a violencia de xénero.

Esta vez non contarán cun punto informativo coma en anos anteriores,  se non que faremos unha xornada virtual a través das redes sociais do Centro de Información ás Mulleres de Mondoñedo.

Así, o mércores 25 ás 12:00 horas  farase público o manifesto “Mondoñedo di non á violencia de xénero”, para o que  se contou coa colaboración dos centros educativos do Concello (Escola Infantil,  CEIP “Álvaro Cunqueiro Mora” e IES “San Rosendo”-A Granxa). Á hora indicada  publicaremos nas redes sociais o vídeo editado para a ocasión. Poderase  encontrar en Facebook (CIM Mondoñedo e CIM Concello de Mondoñedo),  Instagram (@cimmondonedo), Twitter (@CimMondonedo) e Youtube (CIM  Mondoñedo). Ese mesmo día 25, ás 20:00 horas soarán as campás da catedral  en recordo das vítimas de violencia de xénero deste ano 2020. Para evitar as  aglomeracións, tamén será retransmitido en directo a través das redes sociais.

Ademais, durante esta semana recolleranse as mensaxes contra a  violencia de xénero que a poboación nos queira deixar tanto a través das redes  sociais como do correo electrónico cimmondonedo@yahoo.es Estas mensaxes  serán publicadas nas redes do CIM coas etiquetas #MondoñedodiNON e  #25N2020

Animan a toda a xente a que participe e comparta as actividades conmemorativas deste ano para que o noso berro contra a violencia de xénero chegue a todos os lugares posibles.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: