Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

O Observatorio Mariña Pola Igualdade conta con actividades de cara ao 25N por toda a comarca

Por 23 Novembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

O Observatorio Mariña Pola Igualdade conta cun programa de actividades de cara ao 25NO Observatorio Mariña Pola Igualdade conta cun programa de actividades de cara ao 25N 1O Observatorio Mariña Pola Igualdade deu a coñecer a programación de cara ao 25N; un programa de actividades que pon o foco nas mulleres do rural  co lema “25N-Voces de Mulleres desde o rural”.

Haberá unha presentación do vídeotestemuña Elas Tamén Contan: voces de mulleres no rural que será o 24 de novembro no Lugar das Marías ás 19.00 horas e o día 25 ás 12 horas na casa da cultura do Concello de Trabada.

Xa o 26 será a presentación do libro Árbores que non arden do Proxecto Batefogo, ás 19 horas no Casino de Mondoñedo, e o día 27 ás 19:00 nas escolas vellas de Cervo será a do relato gráfico Madialeva, de Ana María Fernández Moreiras.

As presentacións de libros tamén poderán seguise no directo da canle de facebook do Observatorio.