AciaFozCCA colabora co Concello na campaña En Negro contra as Violencias

AciaFozCCA colabora co Concello na campaña En Negro contra as ViolenciasAciaFozCCA está a colaborar co Concello de Foz na campaña En Negro contra as Violencias. A asociación está a repartir carteis do 25N entre as súas asociadas e asociados. 

Desde AciaFozCCA o seu presidente, José Carlos Paleo, dixo que “o que pretendemos é concienciar á poboación desde os nosos establecementos sobre esta lacra social para entre todos facerlle fronte. Unímonos con este reparto de carteis á campaña que realiza o Concello de Foz para celebrar o 25N tinguindo de negro os nosos escaparates e os nosos negocios”.

Black Friday

Por outra banda, José Carlos Paleo tamén aludiu á celebración do Black Friday en Foz: “este é un bo momento para darse algún capricho e conseguilo a un prezo moi interesante e tamén son uns días idóneos para ir facendo algunhas compras pensando nas vindeiras festas de Nadal. Ademais do Black Friday seguen ata o 30 de novembro os Días Azuis da Federación Galega de Comercio, con premios importantes en xogo”.

Paleo subliñou que “no comercio local imos atopar todo o que precisamos ademais dunha atención personalizada. Hai que seguir apostando polas tendas que temos ao noso carón, na nosa vila, e onde podemos empregar a tarxeta Compra en Foz, que leva anos funcionando e coa que se pode optar a promocións, descontos, etc…”. 

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: