Foz inicio unha campaña de sensibilización para a compostaxe

Foz inicio unha campaña de sensibilización para a compostaxeO departamento de Medio Ambiente e Medio Rural do Concello de Foz considera que a compostaxe é parte da solución para contribuir a reducción da pegada medioambiental  e para mellorar o noso entorno, o noso Concello e o noso Planeta, e está a ser xa un dos eixos de funcionamento da Concellería.

Así, iniciouse unha campaña de sensibilización para fomento da compostaxe doméstica e comunitaria no Concello. Será impartida por dous técnicos que  facilitarán información sobre que é a compostaxe, vantaxes que ten realizala, o que se pode depositar nos composteiros e o que non,etc. Entregarán dípticos informativos e estará instalada unha carpa o de 10:30 a 13:30 na praza Conde Fontao. 

Esta campaña e parte do Proxecto de autocompostaxe como vía de xestión da materia orgánica a desenvolver no Concello de Foz.  Neste caso cun Proxecto subvencionado ao abeiro das axudas cofinanciadas pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O Departamento de Medio Ambiente do Concello de Foz continuará nos vindeiros meses desenvolvendo as actuacións para promover a compostaxe tanto doméstica como comunitaria.

Etiquetas

A %d blogueros les gusta esto: