Skip to main content
ActualidadeO Valadouro

O Valadouro organiza o I Concurso de decoración

Por 24 Novembro, 2020Sin comentarios

O Valadouro organiza o I Concurso de decoración de fachadasCo obxecto de contribuír ó ambiente de Nadal nas rúas da vila nestas datas tan sinaladas, o Concello do Valadouro organiza o I Concurso de balcóns, ventás e fachada da vila de Ferreira.

O prazo de inscrición será dende o día 26 de novembro ó 10 de decembro de 2020, ás 14:00 horas. A decoración deberá estar exposta, polo menos, entre os días 15 de decembro de 2020 ata o 6 de xaneiro de 2021.

Haberá cinco premios valorados en 300, 250, 200, 150 e 100 euros repartidos en vales.

Para máis información pódese consultar as bases e descarga o modelo de inscrición aquí  https://bit.ly/2UE0yOL